Archive for 26 agosto 2010

CHAMPÁN DE SAUCO

INGREDIENTES:
– 10 l de agua.
– 15 flores de saúco.
– 30 g de ácido tartárico.
– 1 l de zumo de limón.
– 1 kg de azúcar.

Yo recojo las flores el día de San Juan, por tradición y porque es cuando las flores en mi zona están con el máximo aroma. Las recojo por la mañana temprano, antes de que caliente el sol.
Se ponen todos los ingredientes a macerar durante 15 días, revolviendo con una cuchara de madera a diario.
Pasado este tiempo, se filtra y embotella con tapones de rosca o corcho atado con alambre, y se dejan las botellas tumbadas en un lugar fresco.
De esta manera, se producirá una fermentación dentro de la botella que cesará para poder empezar a consumirse en navidad.

Anuncios

Casa de baixo (óleo)

Últimos acrílicos (40×50)

ESTRUGA

Urtica dioica

Os xardiñeiros poden acusar a estruga maior de “valeirar o solo” de nutrientes, pero a súa alimentación codiciosa concentra unha grande cantidade de minerais e vitaminas na planta que a converten nun remedio ideal para moitos estados carenciais. Algunhas variedades de estruga foron dispersadas por Europa polos romanos, que a utilizaban en forma de fregas corporais sudoríficas, aínda que dolorosas, nos climas fríos, e ata a urticaria provocada polas estrugas era un remedio popular para a artrite e o reuma.

PARTES EMPREGADAS: Partes aéreas.

APLICACIÓNS: É un estimulante circulatorio e un diurético, e con frecuencia emprégase para o tratamento de trastornos irritativos cutáneos. Tamén elimina o acedo úrico do sistema, polo que é adecuada para o tratamento da gota e da artrite.

As súas follas ricas en nutrientes, son un bo tónico de uso xeral ou en caso de anemia.

UNGÜENTO DE ESTRUGA

INGREDIENTES:

–      Estruga maior seca.

–       Vaselina filante.

PROCESO DE ELABORACIÓN:

–      Fundir a vaselina ao baño María.

–      Engadir as estrugas e quentar 1 hora ou ata que as plantas aparezan quebradizas.

–      Colar e colocar a mestura quente no bote onde se vai gardar.

SABUGUEIRO

Sambucus nigra

Antigamente o sabugueiro era coñecido coma o “cofre da menciña natural”, pola utilidade das súas diversas partes, aínda que hoxe en día só se empregan amplamente as súas flores, se ben, algunhas veces, os fitoterapeutas aínda preparan o tradicional “ungüento verde” a partir das xemas e as follas xóvenes. A árbore é habitual no campo e as súas ricas baias de cor morada son ideais para a elaboración de viño de inverno ou marmelada. As flores rebozadas e fritas son deliciosas. Con elas tamén se fai un rico viño achampañdo… nalgún momento poñerei a receita na categoría “Alimentación”…

PARTES UTILIZADAS: Flores.

APLICACIÓNS: As flores de sabugueiro son excelentes para todo tipo de trastorno asociado con mucosidade, incluído o arrefriado común e a gripe. Diminúen a febre e a inflamación. As baias son unha saborosa fonte de vitamina C.

TINTURA DE FLOR DE SABUGUEIRO E DENTE DE LEÓN

INGREDIENTES:

–       10 g de flor de sabugueiro seca.

–        10 g de dente de león seco.

–       100 ml de alcohol.

PROCESO DE ELABORACIÓN:

Colocar as plantas nun frasco e cubrir co alcohol. Pechar o bote e almacenar nun lugar fresco durante dúas semanas.

NOTA: Dada a elevada concentración de principios activos presentes, as tinturas aplícanse en gotas, polo que é conveniente preparalas en pequenas cantidades e conservalas en frasquiños de cristal escuros ben pechados, para evitar que o alcohol se evapore.

CALÉNDULA

Calendula officinalis

No século XVII a caléndula era considerada coma unha cura ideal para as “pragas e pestilencias”, un remedio máis eficaz que outras pocións contra pragas xa que a caléndula é un potente antiséptico. Tamén se lle atribuía as súas flores de cor laranxa brillante un efecto de reforzante cardíaco, e recomendábase simplemente mirar a planta para espantar os espíritos.

PARTES EMPREGADAS: Flores.

APLICACIÓNS: A caléndula, habitualmente dispoñible en forma de pomada, constitúe un útil remedio antiséptico, antifúnxico e astrinxente para moitos problemas da pel, inflamacións e lesións leves. Tomado internamente é un eficaz estimulante biliar, útil para o sistema dixestivo e apto tamén para aliviar os problemas menstruais.

XABÓN DE CALÉNDULA

–   Nun balde disolver 125 g de sosa cáustica en 750 ml de auga mineral.

– Engadir 750 ml de aceite de oliva virxe removendo  no senso das agullas do reloxo.

– Engadir pétalos de flor de caléndula secas e seguir removendo.

– Engadir 30 gotas de esencia de tomiño. Tapalo cun pano e poñelo  nun sitio fresco.

– Volcar nunha bandexa ou nalgún recipiente rectangular para que colla forma.

– Unha vez que estea callado, darémoslle a volta e  cortarémolo en 8 partes.

– Colocar ditas partes nun estante onde non lle dea a luz.

O CAUREL

O MEDIO

Situado ao sureste da provincia de Lugo, son os seus límites, ao suroeste, Pedrafita do Cebreiro; ao este, El Bierzo; e ao sur a comarca de Valdeorras. Os concellos que ocupan a maior parte desta serra son os de Folgoso do Caurel e Quiroga.
Os dous accesos máis frecuentados teñen o seu itinerario por Seoane e Seara, partindo ambolosdous de Quiroga, no oriente de Lugo.
Desde o punto de vista xeolóxico destacan a pizarra e a cuarcita, e as areniscas de ferro. Unha gran veta de pizarra atravesa toda a serra. Os romanos xa explotaron aquí minerais como ouro, ferro ou cobre. Deste xeito, no Caurel atópanse numerosas ferrerías, que supuxeron unha boa fonte de ingresos para os seus habitantes. Hoxe están en desuso.
Asímesmo, atopamos unha flora e fauna abundante e variada. Pódense observar máis de trinta especies de árbores e arbustos, entre os que destacan carballos, castiñeiros, abeleiras, faias, freixos, salgueiros, teixos, buxos, etc. En canto a vexetación de baixo monte, podemos atopar arando, breixo, árnica, amorodo, fento, madreselva, narciso, estruga, piorno, macela, romeo, xesta, toxo, tomiño, etc., sendo a Devesa da Rogueira o máximo expoñente dentro da Serra desde o punto de vista botánico.
O Caurel, é unha reserva de fauna de primeiro orde, a pesar da perda de especies como o oso e o urogallo. Pódense ver animais como o raposo, porco teixo, donicela, o furón, o gato montés, o leirón, o lobo, a marta, o morcego, a londra e a musaraña.
Etnograficamente, atopamos moitos elementos xa que os seus habitantes entendían de varias profesións: potes, lareiras, escanos, arados, teares, apeiros de labranza, fraguas, fornos…
En canto á arquitectura, amósanse dúas tendencias principais nas construcións:
–  Muros redondeados, dunha soa planta con influenza das antigas pallozas.
– Construcións dunha planta e baixo, xeneralmente de base cadrada ou rectangular, adicando o piso á vivenda e o baixo a cortes e adega.
Existen moitas covas, entre as que destacan: Cova do campelo, Sima da tara, Cova do oso, Sumideiro do rio Rogueira ou Buraca das Choias.
Atopamos tamén diversos exemplos da cultura castreña: Torre do castro (Sobredo), Castro das penas das abellas (Riocereixa), Castro de Mercurín (Mercurín), ou o Castro Pico do Brío (Monte Forcadas-Mercurín).
Cimeiras destacadas: Formigueiros (1.639 m), que domina a frondosa Devesa da Rogueira; Pía Paxaro (1.610 m); O Carballón (1.512 m) ou Montouto (1.541 m).