ROMEO

Rosmarinus officinalis

En Europa, o romeo foi considerado durante moito tempo como unha planta estimulante que axuda a eliminar a melancolía. Tradicionalmente a planta era símbolo de recordo, polo que os namorados intercambiábana e depositábase nas tumbas. As súas propiedades estimulantes débense ós produtos químicos contidos no seu aceite esencial, que se extrae e emprega en aromaterapia.

PARTES UTILIZADAS: Partes aéreas, aceite esencial.

APLICACIÓNS: É un bo tónico dixestivo. Tamén estimula o sistema nervioso, e tradicionalmente atribuíaselle o poder de mellorar a memoria. Aplicado externamente, o aceite esencial actúa sobre a artrite, o reumatismo e algúns tipos de cefaleas.

PRECAUCIÓN: Evitar doses elevadas durante o embarazo.

ACEITE DE ROMEO

INGREDIENTES:

–       Romeo

–        Aceite de oliva virxe ou de xirasol

PROCESO DE ELABORACIÓN:

–       Poñer nun tarro de cristal romeo ata enchelo.

–       Cubrir co aceite elixido e tapar, deixándoo en maceración varias semanas.

–       Filtrar cunha gasa ó tarro definitivo e gardar nun lugar escuro.

Anuncios

2 responses to this post.

  1. Posted by Pili on 12 septiembre 2010 at 21:46

    ” Quien va al campo y coge romero, tiene amor verdadero..y si lo coge florido..al año marido” C.C.P:

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: