PATÉ DE COGUMELOS E SALSA DE ESTRUGAS

PATÉ DE COGUMELOS

INGREDIENTES

–       1 kg de cogumelos.

–       2 cebolas medianas.

–       3 dentes de allo.

–       Especias moídas.

–       Aceite.

–       Sal.

–        Miga de pan.

ELABORACIÓN

  • Fríense tódolos ingredientes (menos o pan) a lume moderado, ata que estean ben feitos.
  • Retírase do lume e engádense a miga de pan que admita para que unha vez que se lle pase a batedora, quede unha pasta coa consistencia de paté.

Nota: Especias que lle quedan ben entre outras: noz moscada, ourego, pementa branca, pementa negra, cravo (pouco)…

Nota 2: Se non temos cogumelos frescos, recomendo un produto de Mercadona da sección de conxelados, que se chama “salteado de setas”… realmente moi aceptable.

SALSA DE ESTRUGAS

INGREDIENTES

– 1 tomate maduro pelado.

– 1 dente de allo.

– 10 follas de estruga frescas e tenras.

– Un chorro de aceite de oliva virxe.

– sal.

ELABORACIÓN

Póñense tódolos ingredientes no vaso da batedora, e tritúranse ata obter unha salsa que serve para acompañar carnes e peixes e mesmo para untar en pan.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: