ALIMENTOS DE TEMPADA

Con esta historia da globalización temos acceso en calquera época do ano a case calquer alimento que se nos antolle. Pero isto ¿é positivo?.  Eu son a primeira que percorro as froitarías na busca das mellores papaias conscente dos beneficios que nos aportan, pero… fóra diso intento por exemplo, achegarme a Burela en setembro a comprar un bonito enorme para facelo en conserva para todo o ano; esperar a que baixen os do Bierzo en maio para comer boas cereixas; en agosto cómprolles un saco de pementos vermellos e ásoos á leña póñéndoos a continuación en botes de vidro. Aproveitamos ademais para facer unha churrascada esa noite de verán ao rematar coa faena dos pementos. Non compro amorodos até que estes teñen sabor; neste momento ademais están moito máis baratos e compro cantidade para facer marmelada ou salsa agridoce… marmelos, tomates, sandías, laranxas, polos… sempre prefiro os mercados locais, e a certeza de que a produción é o máis semellante a como o faría eu mesma.

¿Que conseguimos facéndoo desta maneira?

En primeiro lugar, van a ser máis económicos… importante nesta época de crise. Ao aumentar a oferta o prezo diminúe. Isto é recomendable tamén para os aficionados ás conservas, incluida a conxelación.

Cando consumimos alimentos de tempada, contribuimos ao desenvolvemento das zonas rurais e a respectar o medio ambiente. Ao respectar o ciclo natural e a zona de produción dos alimentos, evítase a implantación de monocultivos intensivos que esgotan a terra. Minimízase ademáis un dano maior ao medio ambiente derivado do transporte dos produtos, o emprego de fertilizantes e pesticidas, etc.

Estamos consumindo alimentos máis saudables, no seu punto de principios inmediatos e sen aditivos químicos (se son ecolóxicos) ou cando menos con pouca cantidade, xa que terán menores problemas de pragas e enfermidades ao producirse na mellor época para completar o seu ciclo vital.

Os produtos poden recolectarse ou obterse xusto antes de ser consumidos, unha garantía de que o crecemento ou cría son as adecuadas. Eso os fará tamén máis sabrosos.

Non nos deberiamos deixar levar por imaxes como esta que poño a continuación… unha foto que fixen o outro día nunha froitaría de Madrid.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: