Archive for 24 mayo 2011

Triángulo dos Trasnos

Desde sempre, os seus habitantes escoitaban música que saía das pedras, sobre todo pola noite; xa que de día cos sons propios da aldea, esta pasaba desapercibida.

Esto contoumo Pepín de Farrucón:

… e os nenos de Bogo e Sampaio cando se xuntaban cos de Vilarxubín, falabamos dos ananos que, cando xa caseque nos era imposible abrir os ollos, irrompían nos nosos cuartos, inquedos e revoltosos… algúns coxeaban dunha perna, outros trasegaban con auga… recordo que un mexaba no ouriñal que tiña embaixo da cama… pero sempre, sempre víñannos ver cando o raio de lúa entraba pola xanela…

Os nenos nunca nada dixeran aos maiores destas festas nocturnas, era unha especie de pacto infantil… ¡¡¡nunca se sabe como han responder!!! e ó fin… aos cativos gustáballes ter eses amigos nocturnos, e xuntarse ao saír da escola a contar as trasnadas que lles aconteceran pola noite.

Estes nenos agora xa son homes e mulleres. Fai anos que uns saíron da aldea, ou non… e algúns dos que marcharon tiveron que volver, ou así o quixeron… pero tódolos anos xúntanse varias veces no Triándulo dos Trasnos… e traen gaitas, acordeóns, percusión… e os fan soar ó compás da música das pedras…

Seguía Pepín decíndome a outra noite: “son entre trasnos e nuberus, mimetízanse cos bosques e dependendo do seu estado de ánimo, poden facer que un día soleado se converta noutro tormentoso nun instante, lanzando raios e centellas…

O día 14 debían estar de bo humor… porque foi perfecto.

Preme no enlace:

http://www.kizoa.es/diapositivas/d1732235k6215442o1/tringulo-dos-trasnos

Modesto


vilarxubin 11 293 a video by Amparo Grandío on Flickr.

Coñecín a Modesto en Vilarxubín, aínda que él é de Taramundi. Fai parella artística con Nela… dous gaietiros con táboas, moi profesionáis, observadores, serenos, discretos… sen saber porqué, e sen coñecer nunca ao meu avó materno, polo que me teñen falado dél, imaxinei que éste semellaría moito a Modesto…

Contigo

Mi libertad

Saxifraga granulata

Nombre vulgar: rompepiedras, hierba de las piedras.

La palabra saxifraga viene del latín: saxum=piedra y frangere=romper, quebrar. Según Plinio, esta planta tiene la capacidad de romper las piedras con sus fuertes raíces.

Florece en el mes de mayo. Se cría en terrenos montañosos y húmedos de toda Europa.

La Saxífraga es un componente de muchos preparados comerciales de hierbas, con propiedades diuréticas.

Es una de las hierbas que componen el mitridato, el antídoto universal para curar cualquier intoxicación que se le atribuye a Mitrídates el Grande… aunque su efectividad la puso en duda Plinio el Viejo en su obra “Naturalis Historiae” de la siguiente manera:

“El mitridato está compuesto de cincuenta y cuatro ingredientes, sin que dos de ellos tengan el mismo peso, mientras alguno es prescrito en la sesentava parte de un denario. ¿Cuál de los dioses, en verdad, marcó estas proporciones absurdas? Es simplemente una ostentosa muestra de arte, y una fanfarronería de la ciencia.” 

Aprovecho este post, para poner este enlace que lleva a una presentación que hice de fotografías de flores en Vilarxubín:

http://apps.facebook.com/kizoa_photo/?did=1720854&kc=7291585&ref=nf

Hierbas de Vilarxubín

Lotus corniculatus

Nombre vulgar: cuernecillo, zapatitos de la virgen…

Gallego: trevo de cornos

Lotus, es un nombre que recibían en la antigüedad muchas plantas con frutos comestibles. También se consumían los frutos de un cuernecillo del S de Europa, pero este cuernecillo se usa como planta forrajera. La capacidad para repeler la suciedad descrita como “efecto loto” en las pinturas murales no se refiere al cuernecillo, sino a los nenúfares.

Nutre a muchas abejas silvestres.

Linaria triornithophora

Nombre vulgar: pajarillos, gallos, gallito de monte, acicate real

Nombre en Vilarxubín: calzóns de cuco… probablemente porque el nombre Astur es:calzones de cuquiellu, flor del cuquiello…

Es una especie endémica del NO peninsular.

Vive en robledales, alisedas y otros bosques de ribera.

Muy fáciles de identificar por sus venas marcadas y paladar amarillo, y por su largo espolón, curvado y puntiagudo, más largo que el resto de la corola

Geranium robertianum

Nombre vulgar: Hierba de San Roberto.

Gall: Herba da agulla

Mediante un mecanismo de catapulta, las semillas pueden alcanzar los 3 m de distancia y los 2 m de altura. A veces crece sobre árboles musgosos o en las bifurcaciones de las ramas. El olor que despide resulta desagradable para la mayoría de la gente y antes se utilizaba contra las polillas.


Vilarxubín

Chego moi cansa a casa, despois dunha intensa fin de semana. Estiven en Vilarxubín, unha preciosa aldea do Concello da Pontenova preto da Fonsagrada. Traio unha ampla reportaxe fotográfica que se está descargando neste momento.

Sempre penso que coñezo bastante ben a provincia de Lugo, que aínda que non estivera en tódolos lugares, ao coñecer tódalas comarcas, máis ou menos será parecido o que vin ao que non vin… e equivócome constantemente. Pasoume o outro día en Vilachá, que é moi distinta a outras zonas da Ribeira Sacra, e pasoume onte con Vilarxubín.

É un lugar máxico. Xa para chegar, faise por unha estrada moi estreita con tramos onde non se ve o ceo… cubertos dunha densa vexetación, cascadas de auga, flora que non atopas noutros lugares da provincia… moi parecido ao que supoño será a Amazonía. E dixéronme que moi a miudo tes que parar o coche porque un grupo de corzos ou xabarís están tranquilamente no medio da estrada. E logo a aldea… está nunha ladeira da montaña, nun terreo moi costo… as casas unidas entre elas por hórreos altísimos, moitas paneras (Asturias queda ao lado), varias rúas paralelas e en diagonal con casas aos dous lados, escaleiras de pedra por tódolos lados, pilóns, airas… Hai que velo para darse unha idea…

Pola tarde fun dar un paseo coa cámara, mentras nas casas estarían supoño que nos postres. Non me costou nada imaxinar como sería esta aldea hai 50 anos, cando tódalas casas estaban habitadas e, os sons eran de 30 nenos xogando ao saír da escola, dos cans, as pitas e as cabras (nunca houbo vacas); e o aroma de fume e de roseiras de verdade…

Vou poñer algunha foto, pero hai tantas curiosidades que creo que o tema dará para máis post… a festa, os anfitrións (a familia Yanes da casa Farrucón), os gaiteiros de Taramundi, o acordeonista/gaiteiro da Ponte, a colección de instrumentos de percusión de Cami, as flores…

Premendo na imaxe, esta amplíase.