Archive for 30 julio 2011

Fotografía

No sé si es bueno o malo, pero de siempre me gustó picotear en distintas disciplinas. Y digo picotear porque nunca llegué a profundizar en ninguna de ellas: cantería, forja, pintura, cestería, telares… El caso es que ahora me estoy inmiscuyendo en el tema de la fotografía… y por esto, dí con una serie de gente en los últimos tiempos  que ¡claro!.. me están haciendo entender porque me desanimo en las aficiones que pueda llegar a tener…

Ya hablé aquí de Xulio Villarino y del libro que acaba de publicar. Por cierto, me llegó ayer por correo y con una dedicatoria muy afectuosa del autor. El libro es precioso. Especializado en fotografía aérea, dice de él Manuel Lourenzo en “A MARIÑA 43º Norte”: Habría que ver A Mariña desde arriba, como en parte, la ve hoy nuestro fotógrafo o la veía Cunqueiro, para quien el mar de Foz podía ser perfectamente el de Simbad, y Mondoñedo, el Elsinor de nuestro príncipe don Hamlet…

Sus fotos se pueden ver en la siguiente web:

http://www.xuliovillarino.com/

Por otro lado y a raíz del fin de semana de mayo que pasé en Vilarxubín, pude conocer la obra (que no la persona) de Vicente Ansola Trueba, cántabro de nacimiento y pontenovés de corazón… “o retratista de Vilaeimil”, como le llaman sus vecinos… Tiene una preciosa web en la que pude ver (con orgullo, porqué no decirlo) que tiene publicado (y enlazado a este blog) mi post titulado “Triángulo dos Trasnos”:

http://www.ospobosdasneboas.es/

Resulta curioso también que tanto mi sangre paterna como materna me relacionan con buenos fotógrafos…

Mi primo Eduardo afincado en Canarias y arqueólogo de profesión, tiene entre sus intereses principales la fotografía y el submarinismo… su web lo dice todo: http://www.grandio.org/

Elena, mi prima del Algarve, estuvo estos días por Lousada después de varios años sin vernos (aún siendo primas carnales) y me contó esta afición suya que se está convirtiendo en profesión… y la verdad es que ¡es muy buena! Tiene varios blogs; yo localicé estos:

http://la-mirada-de-elena.blogspot.com/

http://fotosinfonia-elena.blogspot.com/

Y por último está Germán Limeres. Nos presentaron en varias ocasiones y por fín pudimos hablar un poco el día de mi 48 cumpleaños, ya que vino a cenar a Lousada con otro amigo. No conozco su obra, pero él la define como “construcciones deconstruídas” mostrando otra realidad y que sea el propio espectador el que pueda construír su propia imagen. Le acabo de mandar un sms, para que me diga si esta foto es de él (yo creo que sí). Pero aún no me contestó…

RINCONES Y CONTRALUCES

http://pf.kizoa.com/sflite.swf?did=1859330&k=P149370535&hk=1

Estampas de verán
Entra o fresco pola fiestra
Unha escaleira ó ceo
Unha folla de figueira
Un remanso de auga
Unha bancada baleira
Unha arcana mensaxe
Un parado reloxo
As fotos doutrora
Iconos da caterva
O abandono dun cuarto
As pinturas do avó
Tapices, corais, chapeus
Atrasados xornais
Bonecas de nena
…  Sombras contra o sol

Axel Malaparte

Brunilda

Brunilda apareceu como aparecen as cousas que son importantes. Polo aire. 
E non é que tivéramos amistá de antíguo, por mais que acordara dela como a pequena de longa tribu, que compartía parentes ca miña, por casamentos e curmanaxes de tercer grau, tan do gosto de Lugo. Que sendo a cativa, non era a mais nova, xa que logo lle viña por trás un outro irmán, co que sí gastei risas mozas por mor de coincidir na querencia de amigos e múseca. Foi él, ánima mater e motor de arranque do ”Clavicémbalo”, sobranceiro paf lugués por todos estimado.


Brunilda naceu meiga. Ou iso lle dixeron. E puxo tanta teima en asumir a condición, que fixo estudos de ocultas ciencias para agochar o úneco erro que con ela tivo a creación: non ser roxa. Algo axudou a Gena, hai que dicer.
 Brunilda é unha experta en plantas, que aprendeu nas artes de vellos monxes, os segredos da cocción do fiuncho e outras herbas. E dalgún progre profesor non numerario -chaqueta de pá, lentes ó Lennon, e celtísima barba, co dous cabalos roxo ineludible no cargo-, as misturas para erguer amodorradas paixóns.
 Pizpireta e aventaxada discípula de sonado colexio laico da capital, foi o primeiro caso publicado na prestixiosa revista oftalmolóxica “Sández ÓcuLucus Newsletters”, encol do uso de lentillas ríxidas en nenos menores dos nove anos. Todo polo contumaz empeño en desfacerse das rancias gafas de pasta -gafitas cuatro ojos: capitán de los piojos-, que lle prestaban chaponcita apostura, nada acorde co esprito aventureiro ca presidía.


Foi a dirixente do Partido Comunista de Lugo, Ana María Pardo Múgica, quen lle aprendeu o responso a San Antonio; cando nunha ventada, perdeu a lentilla dereita. Ante os pregos de muller e nena, o interesado santo fixo dous miragres: Atopou Brunilda o carísimo trebello enriba dunhas follas secas, e o partido sería no seu momento, o mais rentable de toda España (sete militantes, e tres concelleiros electos).

Bruxilda, como a chamaban na casa, librou por pelos noutra ocasión, das iras dun cariacontecido fulano, ó que se lle meteu baixo da cama, na pensión que había na rúa do Doutor Castro, cabe Tobaris. Fuxía a meiga das nenas das “Pepas”, no transcurso dun longo xogo de polis e cacos a celebrar no Cantón, cando non topou lugar millor onde agocharse. O probe do home pensou que lle meteran mán na maleta, e saíu tras elas con grandes voces, que fixeron parar a Jean Paul Jouvencel -Mesié- a súa veciña clase de francés.


Brunilda aprendeu amores ó tempo a ser vexetariana de cortello. Criadora de tomates e plantadora de fillos, Brunilda é licenciada en solpores, decoradora de hortas, domadora de enredadeiras, fumigadora de tristuras, e maquilladora de chousas. 
Brunilda atrapa cos ollos ó encantador de serpes mais conspícuo, mudando a faz nun instante; que estás con Janis nun concerto, e nun rato con Virginia Wolf diante dunha taza de té.
 Ten a elegancia coma ten as pecas, e viste en boutiques de mercadillo. Os afeites son da casa, que non merece o tal Loreal, acariñar un só centímetro da súa pel. Arrecende toda ela a almizcle e a café.
 Con chapeu -que gosta deles-, e sen escoba aínda -quédalle algunha asignatura-, non hai en todo Lugo cristián, que non sorría con complacencia, se con ela se vai a cruzar. Porque Brunilda anda dende o berce en idade de merecer. E merece o que lle pasa, cando ísto está ben.

TC (outro amigo)

Poema

Ámago sentir corazón al viento
alma tapizada de locuras varias
la sangre, de mis venas brota
cúmulo de sensaciones al galope escapan.

En el corazón de las horas
se recuerda un tiempo pasado
viejo como las estrellas
en el puño de un dios enloquecido.

De Martín Tallo (un amigo)

Sorteo

Mandei o enlace da foto do libro de Xulio Villarino que publiquei no meu blog ó correo do autor. Con esto participaba no sorteo dun dos 3 libros que onte se iba a realizar as 4 da tarde. Podíase enviar varias veces o mesmo enlace, transcurrindo entre elas 24 horas, e podíase subir a foto nas redes sociáis ou en calquera lugar da internet… pero eu non o fixen. Publiquei o enlace tamén en fcbk pero non o mandei ó concurso, e o do blog só o enviei unha vez…

Onte conecteime á internet e abrín o meu correo as 15,55. Pensaba no sorteo  e no fondo tiña a ilusión de ser unha das afortunadas. Parecerá unha tontería. O libro está a venda nas librerías da provincia, e só costa 20 €; pero mentras contestaba un e-mail, pasádalas 4 da tarde entroume un correo novo… “Xulio Villarino te mencionó en facebook”… ¡¡¡Ahí estaba!!! non o podía crer. Era unha das gañadoras ¡seguro! Metín un berrido que espertei dos seus soños a miña irmá e a miña nai… ¡gañei, gañei!!! elas pensaron que polo menos se trataría dun apartamento en Menorca… Pinchei no enlace e lemos (as tres):

Xulio Villarino

And the winners are:
Amparo Grandío Rodríguez
Daniel Sánchez Alonso
Javier Pico
Enhorabuena a los tres.
Enviadme un privado con vuestra dirección postal para enviaros el libro.
Gracias a todos por vuestra colaboración.

Eu púxenme a bailar, elas sorrían e miña nai dicía “enséñame el libro, enséñame el libro”… Estuvemos un intre vendo as fotos de Xulio na súa web ¡son moi boas!, e cando me tranquilicei mandeille o privado dándolle as grazas, o meu enderezo e pedíndolle unha cousiña máis… se mo pode enviar asinado… ó que me respostou que ¡¡por suposto!!!

Grazas Xulio.

Xulio Villarino

Non coñezo persoalmente a Xulio Villarino, pero por ter amigos comúns en facebook aceptou a miña amizade despois de mandarlle unha mensaxe encomiando a súa obra artística. A verdade é que ten un ollo especial para a  captación de imaxes, e fai unhas fotografías preciosas.

Pódese ver unha mostra do que fai, na súa web http://www.xuliovillarino.com/. Acaba de publicar o libro “A MARIÑA 43º Norte”, e polo que dín os que xa o adquiriron… non ten desperdicio. Eu penso compralo, aínda que fora a afortunada no sorteo de tres exemplares que se realizará o 21 deste mes por publicar unha foto del na internet. Paréceme un bonito regalo para facer a calquera amigo que lle guste a fotografía…

Cumpleaños feliz

http://pf.kizoa.com/sflite.swf?did=1825777&k=P164281505&hk=1