Archive for 15 abril 2013

El jardín de Antonio

Antes de empezar este post me gustaría dar las gracias a Amparo, porque vi su bitácora y contacté con ella para compartir algo en su blog y ella toda amabilidad nunca me cerró ninguna puerta y me tendió varios puentes. Por todo eso ¡gracias Amparo!

En este blog tan personal, yo quería poner mi puntito también. Y que hay más personal creo yo que un jardín. En él pasas el tiempo, lo mimas, te preocupas, te gratificas, te enfadas, respiras, lo disfrutas y sobre todo lo vives. Como decía una película cuyo nombre no recuerdo, las cosas que crecen son las que verdaderamente merecen la pena.
Hace poco tiempo que empecé a encariñarme con él por lo que aún tengo que invertir mucho trabajo en él, como podéis ver en la foto. La verdad es que paso más tiempo jugando en él que cuidándolo pero esta también es una de las bondades de un jardín ¿no?
Mi jardín, como creo que pasa siempre, es mío y creo que solo lo entiendo yo. ¿Por qué un campo de minigolf? No lo sé, no es un deporte que me guste en exceso pero sí me relaja bastante y queda gracioso ¿verdad? En esos momentos estoy yo y la pelotita que nunca entra…
El tema de la jardinería es algo que aunque me fascina pero que aún tiene muchos secretos para mí, esta semana se han secado 2 macetitas que tenía y no encuentro el por qué, supongo que iré aprendiendo a entenderlo, la filosofía la tengo desde luego pero de momento al que mejor entiendo es al césped artificial que me   instalaron y a mi campo de minigolf. Este gracias a dios no necesita de un experto jardinero y para andar descalzo practicando el ¿swing? es estupendo.
Espero que os haya gustado no sé si mi jardín o mi universo, al menos yo me he divertido compartiéndolo con vosotros.
Antonio

jardin antonio

Anuncios

“Especiais”

Temple Grandin sóuboo sempre. A zoóloga autista que na actualidade é profesora na Universidade de Colorado e que nun primeiro momento os médicos recomendaron aos  pais o seu ingreso nunha institución para deficientes mentais, rebateu o diagnóstico dos médicos. O seu cerebro ten cousas en común co de Albert Einstein. Ela mesma di que o científico sería etiquetado como autista hoxe en día.
Na película sobre a súa vida, a súa nai dille nun dos seus momentos de non entender ao resto do mundo:
– “Se a xente di cousas cos ollos, eu agora mesmo estouche a dicir que te quero e te respecto”.

Eu traballei uns cantos anos nunha granxa escola.
O noso xefe sempre nos dicía: Son un grupo especial; cada grupo de nenos que viña pola granxa escola e non visen, oísen ou falasen como el, sempre eran especiais; empregando esa palabra, consideraba que o seu xeito de definilos xa era politicamente correcto. Pero eu víaos especiais de verdade. Decatábame dende o primeiro contacto.

Recordo a Hugo, un rapaz que me dobraba a estatura. O diagnóstico de Hugo era o autismo. Segundo baixou do autobús veu directo cara a min, agarroume a cabeza e empezou a uliscarme o pelo. A súa mestra berroulle: Hugo, para! Meteume un susto de morte… a mestra!! Que a continuación veu a desculparse comigo dicindo que o rapaz tiña o xeito de ulilo todo. Foi dicilo e facelo. Agarrei polo brazo o mangallón e leveino ao xardín de aromáticas. Cortei unha galla de macela e deilla para que a ulise… a continuación salvia, melisa, romeu, santonina, herbaluisa, tomiño, ourego… Fixemos un ramiño que non soltou nin para comer, e non se separou del en todo o día… nin tampouco de min… Detalles como este fanme pensar que os que “non somos especiais” moitas veces obstinámonos en complicar as cousas e buscamos unhas explicacións científicas? que non resolven a calidade de vida dos que tratamos e pola contra as cousas sinxelas e obvias poden axudar ao seu benestar. Se a Hugo lle gustaba ulir, porque non lle daban cousas que ulisen ben e lle causasen pracer?
As relacións humanas de boa fe deberían ser intuitivas, sen complexos pero sen prepotencias, sen falsa humildade pero humildes, en definitiva… de corazón.

Outra rapaza que recordo dun xeito particular é Marga.
Marga participou comigo nun obradoiro de elaboración de queixo. Tiña os ollos resgados, a raíz nasal deprimida e o colo curto e ancho. Era a dozura en persoa, cariñosa e moi, moi lambona. Cando dixen: Imos facer queixo, que necesitamos para o queixo?, ela contestou chea de razón: Marmelo! Todo o grupo riu. Eu dixen: Resposta correcta! Moi ben Marga… e empezamos o obradoiro.

A persoa co máis grande sentido do humor que coñecín naqueles anos foi Antonio, cego de nacemento e adolescente. Cando me presentei, o primeiro que me preguntou foi se eu era guapa. Díxenlle que eu era normal e que a guapa do equipo era Pilar, a seguinte que o bicou. A partir dese momento, cada vez que Antonio necesitaba algo chamaba por Pilar. Cando chegou o momento e lle dei o bico de despedida, o rapaz preguntoume se eu era Pilar. Detrás do meu viña a despedirse Raúl, un compañeiro de traballo que levaba catro ou cinco días sen afeitarse. No momento de contestarlle a Antonio ocorréuseme unha trastada e díxenlle: Non Antonio, eu son Amparo, Pilar é esta… e empurrei a Raúl para que o bicase…
As risas de Antonio penso que as oíron na vila veciña, á vez que me dicía: Ai Amparo, non serás a máis guapa pero o que si es é a máis simpática!!
Tiña Antonio como compañeiro inseparable a Fernando -cego case total-, e entre os dous fixéronnos pasar unha fin de semana de risas coas súas bromas e picardías. Fernando díxome que estaba perdido por culpa do amor. A razón era Matilde, unha nena que viña co grupo. Cando mo estaba a contar di de súpeto: – Mira, mira como me mira de esguello!! Esta noite imos ter unha cita ás cegas…

Hugo, Marga, Antonio, Fernando… eles logran obter das circunstancias da súa vida, cousas que os axudan a medrar como persoas, e que os estimulan a seguir aprendendo.

http://www.ted.com/talks/lang/es/temple_grandin_the_world_needs_all_kinds_of_minds.html

http://www.elmulticine.com/peliculas_listado2.php?orden=30461