Archive for 20 mayo 2013

Vilarxubín 2013

vilarxubin 13 023

Varios anos, varias Virxe dos Remedios e, foi esta fin de semana cando me decatei de porque o fotógrafo cántabro Ansola bautizou como “OS POBOS DAS NÉBOAS” ós integrados no Triángulo dos Trasnos… O sol doutrora non luciu como é o normal ben entrado o mes de maio, pero esto non desluciu a festa anual de Vilarxubín; os gaiteiros seguiron bulindo das pedras, os trasnos mostráronnos outra imaxe do lugar, Pepín de Farrucón mostrou coma sempre as súas dotes de bo anfitrión; este ano ademáis puidemos contar coa presenza de Lucrecia, a nai de Pepín que o ano pasado non puido asisitir pola culpa dunha operación de urxencia. Ela máis Venancio, renovaron os seus votos matrimoniáis despois de 54 anos de convivencia, xunto con outras 3 parellas. Os oficios correron a cargo de Miguel, un “Pater singular”…

vilarxubin 13 028

A diminuta capela de influencia mexicana encheuse con só as 4 parellas e Miguel -o cura singular-, mentras todas as mulleres esperabamos cun ramiño de flores a que saíran os namorados entre vítores e foguetes, para degustar a continuación o riquísimo  CANTELO, unha rosca típica da zona que ofrecen os noivos ós seus convidados.

vilarxubin 13 037

Os pajarillos, gallos, gallito de monte, acicate real, floreceron como cada ano. Trátase dunha especie endémica do NO peninsular. En Vilarxubín chámanlles calzóns de cuco probablemente porque o nome astur é calzones de cuquiellu, flor del cuquiellu –Vilarxubín está moi preto de Asturias-  e moi doados de identificar polas súas veas marcadas e padar amarelo, e polo longo espolón, curvado e puntiagudo, máis alongado que o resto da corola.

vilarxubin 13 079

Pero o encanto deste ano foi a néboa… en forma de fumaredas entre as montañas, que nos fixo -alomenos a mín- asociala aos sonos, como esa nívola de Unamuno… na medida en que ambolos dous se conforman desa mesma materia indeterminada, facéndonos desconfiar do imperio da razón…

vilarxubin 13 040

vilarxubin 13 076 vilarxubin 13 104

Anuncios