Archive for 25 septiembre 2013

TEXTURAS Y CONSISTENCIAS

2013-09-23 20.24.08Tengo la suerte de conocer a una mujer increíble. 

Pasados unos cuantos años entre fogones, grandes marmitas, autoclaves y pallets, descubrió un día cazos, cazuelas y cazuelitas; pequeños fuegos, cucharas de madera, fruta de temporada y cosechas de su propio huerto urbano; flores, hierbas aromáticas, geles vegetales y… el contacto con los niños, que cuando la ven ensimismada entre burbujas, colores, olores y texturas, chascando los dedos pulgar y corazón le dicen ¡VUELVE!

Ella está atrapada por las “consistencias”. Toda su vida disfrutó los colores y los aromas. Nunca trabajó el “gusto”…

Interiorizado su disgusto por lo dulce, siempre encuentra un catador que, al probar sus experimentos le diga: Esto es de El Bulli!!

Juega con las maceraciones; sólo utiliza vegetales y azúcar, pero ¡qué jugo le saca! Y nunca mejor dicho…

Separa las fases y las trabaja por separado; a todo gas, a fuego lento, a cero grados, bajo cero; tapado, destapado, agitando, reposando…

La cantidad le aburre. Disfruta con la variedad, sin olvidar por ello la importancia de la pureza del sabor.

Si solo cuenta con un melón ¿cómo le saca el jugo?

Hoy la acompañé a recoger moras silvestres, y el resultado es el siguiente:

– Jalea de melón.

– Dulce de mora.

– Dulce de mora con caramelo de melón.

– Melaza de melón.

– Dulce bicolor de melón y mora.

T3

Anuncios

6. A vida en Francia

Tradución do manuscrito de Manolo:

Chegamos a París. O primeiro foi, levarnos a un bo restaurante. Logo escondéronnos nun garaxe. En fronte vivía un matrimonio que sería o que se ocuparía de nós, dentro da súa humilde situación.
Nunha ocasión tivemos que levar á miña muller ao médico. Eu seleccionaba botellas nun supermercado, onde decatados da nosa situación, os donos acolléronnos na súa bonita casa.
Desde alí puxémonos en contacto cun parente dos meus sogros, Dositeo Taboada, tamén refuxiado en Francia por cuestións políticas, nunha zona mineira. Estes parentes portáronse moi ben connosco; vivimos con eles 4 meses sen papeis e foron os que xestionaron a consecución da nosa Carta de refuxiados políticos. Antes de obtela déronnos unha “reseprisé”, ou sexa un documento provisional para que a policía non puidese deternos… isto á espera de informes… si fuxísemos por roubo ou asasinato devolveríannos a Galicia.
O señor Buenacasa, o mesmo que nos conseguiría a Carta de refuxiados, levounos a Valence onde el vivía coa súa filla e en moi boa situación. Conseguiunos un chalet gratis en Allée de l’Epervière -Vallesoles- un bonito barrio a dous quilómetros de Valence. Alí naceu a nosa filla Mirta, o 31 de marzal de 1962.
Eu xa traballaba nunha fábrica de explosivos do Estado: M.G.M, Manufactura Xeral de Municións, o mesmo que Placeres, a miña muller. Máis tarde virían os meus sogros cos seus fillos Chicha e José – un neno naquel entón-.
Os meus sogros tiñan en Lugo o Bar Sabadelle, na Porta de Santiago; moi boa zona porque entón paraban alí os coches das feiras –moito auxe naquela época- do mesmo xeito que os de liña de Santiago, Ourense, Pontevedra, etc.
Unha anécdota moi significativa: Por mor da nosa marcha e das diferentes ideas dos meus sogros co Réxime, intentaron pecharlles o bar. Para evitalo, o meu sogro que era moi decidido, foi personalmente ao Gobernador Civíl, Don José del Valle –mutilado de guerra- e, convencéndoo, iste prometeulle non pechalo malia as diferentes ideas. Coñecía o noso caso, e “independentemente dependía de min”… Cando viña cos amigos a ensinarlles a Catedral, preguntaba por min pedíndome si podía cambiar a “mala luz” do Concello -gratuita- pola de Fenosa… e conseguinllo…

fotos de fotos 035Esta imaxe, foi tomada o día do casamento de Manolo e Placeres en Francia (a parella da esquerda) despois de conseguir a dispensa pontificia; a primeira que concedeu o Papa Juan XXIII. A carón de Manolo está o Sr. Buenacasa e a continuación, Fernando -o contacto español que os axudou a fuxir a Francia– Sentada con Placeres unha amiga francesa, veciña e amiga da parella.

5. A fuxida

Tradución directa dun manuscrito que me chega do propio Manolo:

“Sendo Capelán da Catedral, recibía de Pepe e Idalia, que vivían en Venezuela, uns cantos bolívares que cambiaba no Bar Manco da Porta de Santiago, a 20 pesetas/bolívar.
Co devandito diñeiro comprei un bonito solar na rúa Clérigos. Alí construín unha casa de 4 pisos, dereita e esquerda; o nº 23; cuns coñecidos baixos nomeados como “Molino Rojo”.
Placeres máis eu intentamos marchar a Venezuela por Portugal.
Antes fixen en Ourense un poder ao meu irmán Georgio e ao meu cuñado Carlos Vázquez Fraga, para que pasaran todo a nome dos meus irmáns Pepe e Idalia, cando eles ordenasen.
Por mor de dita marcha detivéronnos en Portugal “por ser menor ela”.
Voltos a España, a min encerráronme no Monasterio de Monforte de Lemos. De alí puiden escapar coa axuda dos meus sogros. Desde Ourense en Taxi fomos a San Sebastián, desde onde –e de noite- un mozo nos levou até a fronteira.
Había un río ao que tirou unha pedra, o sinal para que nos recibira outro mozo, que nos acolleu durante 8 días nunha boa casa, pasados os cales meteunos nun tren a París. Pedían a documentación a todo o mundo… a nós non…”

Un par de cousiñas podo engadir eu a esta parte da vida de Manolo e Placeres. Contoumas Manolo nunha daquelas conversas do verán.

Manolo estivo 15 días encerrado na torre de Monforte. Quince días nos que só pensaba en como escapar de alí. E argallouno moi ben… agardou pacientemente ás festas da vila do Cabe, e fíxoo pola fiestra axudado dunha especie de corda que él mesmo confeccionou con trapos… á hora dos lumes artificiais, co ruído de fondo e mentres os seus gardiáns miraban o ceo…

A outra cousa que quero engadir é, o ofrecemento que a cúpula eclesiástica lucense daquel momento lle fixo a parella, cando os trouxeron de volta na fuxida a Portugal. Porque Manolo non seguía no seu papel de sacerdote e Placeres vivía como “ama de cura” na súa casa?

Non aceptaron o ofrecemento, por suposto… ofrecemento que sobre todo a Placeres, sentoulle moi mal…

fotos de fotos 040

Placeres e Manolo