Archive for 11 octubre 2013

Souto

botellero 013

Herbas máxicas: Champú de aloe vera

IMG-20130921-WA0014

Rematado o cursiño “Herbas máxicas” que “Proyecto NaturArt” –http://proyectonaturart.com/– impartiu no mes de setembro no Centro de Interpretación Terras do Miño, algún dos asistentes pídeme que publique na internet as receitas dos ungüentos que se fixeron nel, logo do previo recoñecemento de especies vexetáis con propiedades curativas que nos podemos atopar con facilidade.

Hoxe explico a maneira de facer o CHAMPÚ DE ALOE VERA. Un preparado que conta coas seguintes propiedades:

– Astrinxente, limpando a pel en profundidade. Desobstrúe os poros e os condutos glandulares e desa maneira poden penetrar tódalas sustancias nutritivas e o auga que contén.

– Ten unha gran capacidade rexeneradora celular debido ás vitaminas que posúe (A, B2, B6 Y B12).

– Regulador do PH polos aminoácidos en acción conxunta co sodio, potasio, ferro, zinc, etc. Así asegúrase a produción de células epiteliais. 

– Nutrición do coiro cabeludo pola absorción de vitaminas  e polisacáridos presentes no xel.

– Acción bactericida, que fai que as células sans resistan o embate dos axentes agresivos externos.
INGREDIENTES:
IMG-20130921-WA0013-2
– 1 taza grande de xabón neutro
– 1 taza pequena de xel de aloe
– 1 taza pequena de auga (ou un poco menos, até conquerir a consistencia desexada)
– 1 culler de glicerina líquida (mércase na botica)
– 1 culler de aceite de oliva virxe extra
ELABORACIÓN: Mestúanse os ingredientes cunha culler de madeira, e gárdase no frigorífico (caducidade: 1 mes)
PREPARACIÓN DO XEL DE ALOE VERA:
– Cunha culler estraemos o xel, unha vez retirados os pinchos lateráis das follas de aloe e abertas éstas transversalmente:
IMG-20130921-WA0008-2
A planta terá como mínimo 3 anos de idade
– Recollemos o xel no vaso do batedor, e batemos até o homoxeneizado.
IMG-20130921-WA0010
NOTA: Á hora de lavar o cabelo, efectuamos unha masaxe que nos asegure o contacto co coiro cabeludo. Deixamos actuar 5 minutos antes do aclarado.