Roteiro Laxe-Camelle: unhas flores……

O día 10 de maio, un grupo de 22 amigos fixemos este espectacular roteiro, unha vez apeados do bus que alquilamos para chegar a Laxe desde Lugo. Saiu tan bonita a xornada que probablemente tentaremos facer a costa galega enteira, de Ribadeo a Tui… por tramos…. moitos tramos… 🙂

E como unha das tarefas que teño en mente é poñerme ó día en flora costeira, empezo con este post a ordear unha pequena colección de fotos de plantas, cos seus nomes científicos, os comúns e algunhas curiosidades… 1400278390671Orquis morio (ORQUÍDEA SILVESTRE, COLLÓNS DE CAN, SATIRIÓN, COMPAÑÓN)

Os seus tubérculos empréganse na elaboración do “SALEP”, a bebida afrodisiaca a que se lle atribúen propiedades máxicas… 1400279629360   Linaria triornithophora (CALZÓNS DE CUCO, PAJARITOS, GALLITOS DE MONTE…)

Esta especie é endémica do NO peninsular.

1400280432821

Linum usitatissimum (LIÑO)

O liño é a primera fibra vexetal que se empregou. Roupa de liño de 5000 anos de antigüidade atopouse en tumbas exipcias.

Hoxe en día o primeiro produtor de liño do mundo é Irlanda, e o liño “máis fino” fabrícase en Bélxica.

As momias de Exipto envolvíanse en sabas de liño, xa que era visto como sinal de luz e pureza e como, unha mostra de riqueza.

No antigo Exipto o liño empregábase como diñeiro. Debido á forza do liño, o papel feito con este tecido é de gran calidade. Por iste motivo, hoxe en día moitos paises empregan un 25% de liño na fabricación do seu papel de moeda.

IMG_10506908050001

Parentucellia viscosa (ALGARABÍA)

É unha planta semiparásita, cumprimentando a súa alimentación parasitando as raices das herbáceas veciñas, estraéndolles desta maneira os nutrientes.

IMG_10538696483463

Galactites tomentosa (CARDO BLANCO)

IMG_10581324187177

Asphodelus albus (GAMÓN, VARIÑAS DE SAN ANTÓN)

Empregouse para o tratamento de pecas producidas polo sol, e para o tratamento de catarros, con precaucion se se teñen problemas de nefrite.

Para rematar esta entrada, poño a bonita Calystegia soldanella (CAMPANIÑA DAS DUNAS, BERZA MARINA, CORREHUELA MARINA).

Combate o escorbuto, é unha planta purgante e un excelente cicatrizante (a súa resina)

IMG_10588465338052

Anuncios

2 responses to this post.

  1. Posted by Anuska on 17 mayo 2014 at 08:39

    Estos post son los que más me gustan! Gracias Amparo!

    Responder

  2. Posted by Begoña on 20 mayo 2014 at 21:03

    Ainsss…., cuánto sabes!!

    Responder

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: