Archive for 26 junio 2014

XXVII ROTEIRO COSTA NAVIEGA

Co gaio do “Día Nacional do Sendeirismo” mais de 2000 camiñantes nos xuntamos o pasado domingo, 22 de xuño, para realizar este espectacular roteiro; eu da man da Sociedade Micolóxica Lucus, a que pertenzo. O Grupo de Montaña “Peña Furada” acondicionou dunha maneira exemplar este percorrido duns 20 km alá polo ano 1987, cando se fixo a primera andaina… Tratase por elo, do tramo de senda costeira máis antigo da rede “Sendas costeras del Principado de Asturias”. IMG_20140623_203836A saída é dende o lugar chamado El Bao, por un camiño de terra que se vai estreitando segundo descendemos a ribeira do rio Barayo (límite xeográfico dos Concejos de Navia e Valdés). Dous km de espesura e humidade até chegar a súa desembocadura directa á praia de Barayo. Fórmase neste punto un complexo paisaxístico incrible… dunas e marismas cheas de eneas, carrizais e amieiros pantanosos que forman este estuario en conexión directa co mar, e que se pode disfrutar coas súas vistas dende a “Punta El Cuernu”….

Todo este conxunto considerado Paisaxe Pintoresca atópase en “conservación semisalvaxe”, tendo prohibido o acceso de vehículos. Polo seu valor paisaxístico e ecolóxico está catalogado como Reserva Natural Parcial.

1403630218239

1403630097588

Chegamos a este punto logo de abandonar a espesura do rio, ascendendo por un sendeiro paralelo á costa entre pradarías e cultivos de millo, e sempre mirando ó mar….

1403473572968

Ós 7,8 km atopámonos cun fermoso pobo mariñeiro onde as casas de pescadores enténdense coas solariegas e de indianos, “Puerto de Vega”. Berce de Gaspar Melchor de Jovellanos, Puerto de Vega foi recoñecido como “Pobo Exemplar de Asturias”, 1995, pola Fundación Príncipe de Asturias.

1403475325887

1403648795932

1403630941683

1403475461450

Con herdanza baleeira e un peirao pesqueiro onde nalgún tempo existiron importantes industrias conserveiras, en Puerto de Vega esperábannos parte do noso grupo de Lucus para compracernos cunha “sidrina”.

1403512527245

Máis animados continuamos camiño, cara “Frejulfe”, o lugar indicado pola organización para o xantar.

1403630354197

1403630580437

1403630638041

1403630723557

 

Juan mirando as illas de Romanelas

 

1403631356748

Acantilados en branco e negro (cuarcitas e lousa) tinguidos de laranxas, verdes e grises (liques), longas praias, illotes percebeiros e castros celtas até chegar a outro complexo natural formado por praia, río e bosque. Parecido a Barayo pero diferente… Frejulfe. Co seu areal de escura area, recibindo o río Piñera nun conxunto de dunas fixadas por un pinar e eucaliptos, este ecosistema foi declarado “Monumento Natural” no 2002 polo goberno do Principado de Asturias.

1403641127162

1403641256544

1403641472416

1403641626652

1403641341184

Xantamos o bolo preñado, mazá e postre lácteo recuperando forzas, aínda que non as suficientes para encarar os últimos 9 km. E digo “non as suficientes”, porque a mín chegoume bastante. Contínuas subidas (de considerable pendente) e baixadas até chegar a “El Picón”; illote de curiosa forma que pecha a praia de Frejulfe pola súa cara oeste.

1403642093080

El Picón

E así continuamos animados pola sangría fresquiña que nos agardaba no alto do Fabal, e seguir até a praia El Moro enmarcada por acantilado fósil de grande interese cun estrano burato de onde colleu o seu nome o grupo anfitrión Peña Furada.

1403630799221

1403641722129

1403641820352

1403642207353

1403642327071

El Cuedo: Home de Cuedo

1403642464686

Faro de Ortiguera

1403642589679

El Moro

Canto queda? preguntabamos a cada camiñante que nos adiantaba. Ahora ya poco! contestaban con ese falar cantarín. Qué afición hai en Asturias polo sendeirismo! e moita xente que xa non era nova!!

Por fín Navia!! Chegamos á desembocadura do río que nace en Pedrafita do Cebreiro e que leva o nome da Vila. Ou é a vila a que leva o nome do río? Non o sei… pero o que sí sei é, que nos espera outra o próximo sábado. Moito máis curta pero din que moi costa… VIII subida ó Monte Castelo-Burela.

1403642746211

1403642826898