Archive for the ‘Plantas medicinales’ Category

EDUCACIÓN AMBIENTAL

Proyecto Naturart segue formando. Aquí deixámosvos un informe en formato pdf que podedes descargar para consultar “a nosa forma de facer”. Desenvolvemos as nosas actividades SOBRE, EN e PARA o medio. No convencemento de que A TERRA ESTÁ NAS NOSAS MANS, propoñemos a formación e a familiarización co medio natural promovendo unha aprendizaxe innovadora como resposta á crise ambiental.
As nosas propostas e programacións realizámolas de xeito personalizado, segundo as características e intereses do grupo co que imos traballar.
No documento encontraredes algunhas programacións de actividades a xeito de exemplo…

 

DOSSIER NATURART

Anuncios

Herbas máxicas: Champú de aloe vera

IMG-20130921-WA0014

Rematado o cursiño “Herbas máxicas” que “Proyecto NaturArt” –http://proyectonaturart.com/– impartiu no mes de setembro no Centro de Interpretación Terras do Miño, algún dos asistentes pídeme que publique na internet as receitas dos ungüentos que se fixeron nel, logo do previo recoñecemento de especies vexetáis con propiedades curativas que nos podemos atopar con facilidade.

Hoxe explico a maneira de facer o CHAMPÚ DE ALOE VERA. Un preparado que conta coas seguintes propiedades:

– Astrinxente, limpando a pel en profundidade. Desobstrúe os poros e os condutos glandulares e desa maneira poden penetrar tódalas sustancias nutritivas e o auga que contén.

– Ten unha gran capacidade rexeneradora celular debido ás vitaminas que posúe (A, B2, B6 Y B12).

– Regulador do PH polos aminoácidos en acción conxunta co sodio, potasio, ferro, zinc, etc. Así asegúrase a produción de células epiteliais. 

– Nutrición do coiro cabeludo pola absorción de vitaminas  e polisacáridos presentes no xel.

– Acción bactericida, que fai que as células sans resistan o embate dos axentes agresivos externos.
INGREDIENTES:
IMG-20130921-WA0013-2
– 1 taza grande de xabón neutro
– 1 taza pequena de xel de aloe
– 1 taza pequena de auga (ou un poco menos, até conquerir a consistencia desexada)
– 1 culler de glicerina líquida (mércase na botica)
– 1 culler de aceite de oliva virxe extra
ELABORACIÓN: Mestúanse os ingredientes cunha culler de madeira, e gárdase no frigorífico (caducidade: 1 mes)
PREPARACIÓN DO XEL DE ALOE VERA:
– Cunha culler estraemos o xel, unha vez retirados os pinchos lateráis das follas de aloe e abertas éstas transversalmente:
IMG-20130921-WA0008-2
A planta terá como mínimo 3 anos de idade
– Recollemos o xel no vaso do batedor, e batemos até o homoxeneizado.
IMG-20130921-WA0010
NOTA: Á hora de lavar o cabelo, efectuamos unha masaxe que nos asegure o contacto co coiro cabeludo. Deixamos actuar 5 minutos antes do aclarado.

Avanzando

La web de proyecto Naturat va hacia delante:

http://proyectonaturart.com/

En las guías de aves y setas, si clikeais sobre la imagen, una lupa ayuda a ver las características principales de las especies, como son los picos y las patas de los pájaros o, los himenios de las setas.

Están agregadas las programaciones para centros escolares y casas de turismo rural. En la página de inicio, se enlazan a diario las principales noticias medioambientales.

Aunque esta semana la estoy pasando en el Val Miñor debido a mi interés por una terapia alternativa que se administra en Vigo, y de la que hablaré cuando la tenga más clara, seguiremos subiendo cositas y trabajando en el proyecto. Es lo bueno que nos proporciona la interactividad de internet… que puedes montarte la oficina en cualquier parte…

Proyecto NaturArt

Creo que ya puedo hablar de este proyecto, de nuestro proyecto… Julio, Pedro, Miguel, ¿Noé? y yo, Amparo. Sin olvidar por supuesto la colaboración de Ana, que conociendo las inquietudes de Pedro y las mías nos puso en contacto,  animó y sigue animándonos para que esta empresa se haga realidad.

No tenemos un “lugar físico” para montar un centro de Educación Ambiental y turismo en la Naturaleza, pero creo que estamos preparados, ilusionados y con ganas  de aportar lo que podamos en los temas que nos preocupan y en los que nos formamos… ser nuestros propios jefes, hacer las cosas como creemos que se deben de hacer, sin tener que ocupar el cerebro en hacerlo como le gusta al que te paga…

La crisis nos lleva a plantearnos este proyecto virtual, con el que nos promocionaremos… será el equipo humano el que se desplace allá donde nos llamen… colectivos con los que ya trabajamos (coles, ONCE, diversidad funcional) y esperamos otros nuevos con los que nos encantaría contactar: Cárcel, casas de turismo rural, mujeres maltratadas, maestros, mulleres ruráis… o simplemente un grupo de amigos.

Proponemos programas agro-ambientales y cicloturismo adaptados a cada grupo de trabajo, con la mayor transversalidad posible. Queremos relacionar el arte con la naturaleza (de ahí el nombre) y para ello no escatimaremos en colaboraciones con otra gente… músicos, pintores, oleiros, artesanos… y todo a través de una web dinámica que Julio sabe hacer como nadie…  No nos preocupa compartir en ella lo que sabemos. Creemos que eso será bueno para nosotros ya que, nos obligará a estar formándonos continuamente y no estancarnos en la comodidad.

La web está en sus inicios (lo que se dice “en construcción”), pero a quien le interese “el huerto ecológico como recurso didáctico” ya lo tiene a su disposición; documento que también puede ayudar al que simplemente quiera montar su propia fábrica de verduras.

Queremos documentar todas las rutas con vídeos… una imagen vale más que mil palabras. En este momento tenemos cargadas A Mariña lucense desde Ribadeo hasta Foz y A lagoa de Caque. En breve subiremos A vía verde do Eo.

Estamos abiertos a cualquier sugerencia. Este es el enlace a la web: http://proyectonaturart.com/

O ouro líquido de Marruecos

Hai unha zona, a rexión de Souss no sur de Marruecos onde se atopa o fogar dos únicos bosques de argán existentes no mundo. Esta zona chamada Reserva de Biosfera de Arganeraie (RBA) foi declarada pola UNESCO patrimonio forestal mundial da humanidade.

A argán (Argania spinosa) é unha árbore única no mundo, cunha madeira moi dura e de moi boa calidade. Precisamente, por isto os bosques de argán estiveron a piques da extinción, pola súa tala indiscriminada.

Dos froitos desta árbore, extráese un aceite. Cando estes empezan a madurar coas primeiras calores de xuño, recóllense tradicionalmente dunha maneira moi orixinal…  colléitanos as cabras.

Cando o pasto escasea, as cabras sóbensen as árbores para comer as súas follas, xemas e froitos. Pola noite, os animais comezan a rumiar, escupen os osos dos froitos e as mulleres beréberes recóllenos.

Este aceite está composto ata nun 80% de acedos graxos esenciais -linoléico 50%, alfalinolénico 15%, oleico 12%, araquidónico 1%,  gammalinolénico 3%- e contén grandes cantidades de tocoferoles (vitamina E) -casi tres veces máis que o aceite de oliva- e fitosteroles. É apreciado polo seu efecto anti-idade pola gran cantidade de antioxidantes e os seus poderes curativos. Ademáis ten efectos antiséptico e funxicida.

Fai aproximadamente un ano, un amigo que estivo por Marruecos uns días, tróuxome un frasco deste prezado produto. Algunhas noites, emprégoo para botar na cara antes de deitarme… e a verdade é que cando o fago, noto que a miña pel mellora, pero co que quedei impresionada -e por por iso falo agora del- é de como curou unha especie de alerxia que tivo miña nai nas costas, producida por unha vendaxe dunha ciruxía, e que lle causaba unha forte dor… en dúas sesións cunha masaxe lixeira deste aceite, desapareceron tódolos síntomas, cos que levaba uns quince días tratándoos cunha pomada farmacéutica…

Tamén hai que subliñar que o primeiro premio SlowFood 2001 foi concedido á Cooperativa Amal de mulleres beréberes de Marruecos que producen aceite do froito da árbore de argán. Grazas á cooperativa, volveuse a producir este aceite que é moi apreciado na cociña marroquí e os bosques de argán que estaban sendo talados irresponsablemente volveron a reforestarse.

ROMEO

Rosmarinus officinalis

En Europa, o romeo foi considerado durante moito tempo como unha planta estimulante que axuda a eliminar a melancolía. Tradicionalmente a planta era símbolo de recordo, polo que os namorados intercambiábana e depositábase nas tumbas. As súas propiedades estimulantes débense ós produtos químicos contidos no seu aceite esencial, que se extrae e emprega en aromaterapia.

PARTES UTILIZADAS: Partes aéreas, aceite esencial.

APLICACIÓNS: É un bo tónico dixestivo. Tamén estimula o sistema nervioso, e tradicionalmente atribuíaselle o poder de mellorar a memoria. Aplicado externamente, o aceite esencial actúa sobre a artrite, o reumatismo e algúns tipos de cefaleas.

PRECAUCIÓN: Evitar doses elevadas durante o embarazo.

ACEITE DE ROMEO

INGREDIENTES:

–       Romeo

–        Aceite de oliva virxe ou de xirasol

PROCESO DE ELABORACIÓN:

–       Poñer nun tarro de cristal romeo ata enchelo.

–       Cubrir co aceite elixido e tapar, deixándoo en maceración varias semanas.

–       Filtrar cunha gasa ó tarro definitivo e gardar nun lugar escuro.

ESTRUGA

Urtica dioica

Os xardiñeiros poden acusar a estruga maior de “valeirar o solo” de nutrientes, pero a súa alimentación codiciosa concentra unha grande cantidade de minerais e vitaminas na planta que a converten nun remedio ideal para moitos estados carenciais. Algunhas variedades de estruga foron dispersadas por Europa polos romanos, que a utilizaban en forma de fregas corporais sudoríficas, aínda que dolorosas, nos climas fríos, e ata a urticaria provocada polas estrugas era un remedio popular para a artrite e o reuma.

PARTES EMPREGADAS: Partes aéreas.

APLICACIÓNS: É un estimulante circulatorio e un diurético, e con frecuencia emprégase para o tratamento de trastornos irritativos cutáneos. Tamén elimina o acedo úrico do sistema, polo que é adecuada para o tratamento da gota e da artrite.

As súas follas ricas en nutrientes, son un bo tónico de uso xeral ou en caso de anemia.

UNGÜENTO DE ESTRUGA

INGREDIENTES:

–      Estruga maior seca.

–       Vaselina filante.

PROCESO DE ELABORACIÓN:

–      Fundir a vaselina ao baño María.

–      Engadir as estrugas e quentar 1 hora ou ata que as plantas aparezan quebradizas.

–      Colar e colocar a mestura quente no bote onde se vai gardar.