Archive for the ‘Proyecto NaturArt’ Category

EDUCACIÓN AMBIENTAL

Proyecto Naturart segue formando. Aquí deixámosvos un informe en formato pdf que podedes descargar para consultar “a nosa forma de facer”. Desenvolvemos as nosas actividades SOBRE, EN e PARA o medio. No convencemento de que A TERRA ESTÁ NAS NOSAS MANS, propoñemos a formación e a familiarización co medio natural promovendo unha aprendizaxe innovadora como resposta á crise ambiental.
As nosas propostas e programacións realizámolas de xeito personalizado, segundo as características e intereses do grupo co que imos traballar.
No documento encontraredes algunhas programacións de actividades a xeito de exemplo…

 

DOSSIER NATURART

Herbas máxicas: Champú de aloe vera

IMG-20130921-WA0014

Rematado o cursiño “Herbas máxicas” que “Proyecto NaturArt” –http://proyectonaturart.com/– impartiu no mes de setembro no Centro de Interpretación Terras do Miño, algún dos asistentes pídeme que publique na internet as receitas dos ungüentos que se fixeron nel, logo do previo recoñecemento de especies vexetáis con propiedades curativas que nos podemos atopar con facilidade.

Hoxe explico a maneira de facer o CHAMPÚ DE ALOE VERA. Un preparado que conta coas seguintes propiedades:

– Astrinxente, limpando a pel en profundidade. Desobstrúe os poros e os condutos glandulares e desa maneira poden penetrar tódalas sustancias nutritivas e o auga que contén.

– Ten unha gran capacidade rexeneradora celular debido ás vitaminas que posúe (A, B2, B6 Y B12).

– Regulador do PH polos aminoácidos en acción conxunta co sodio, potasio, ferro, zinc, etc. Así asegúrase a produción de células epiteliais. 

– Nutrición do coiro cabeludo pola absorción de vitaminas  e polisacáridos presentes no xel.

– Acción bactericida, que fai que as células sans resistan o embate dos axentes agresivos externos.
INGREDIENTES:
IMG-20130921-WA0013-2
– 1 taza grande de xabón neutro
– 1 taza pequena de xel de aloe
– 1 taza pequena de auga (ou un poco menos, até conquerir a consistencia desexada)
– 1 culler de glicerina líquida (mércase na botica)
– 1 culler de aceite de oliva virxe extra
ELABORACIÓN: Mestúanse os ingredientes cunha culler de madeira, e gárdase no frigorífico (caducidade: 1 mes)
PREPARACIÓN DO XEL DE ALOE VERA:
– Cunha culler estraemos o xel, unha vez retirados os pinchos lateráis das follas de aloe e abertas éstas transversalmente:
IMG-20130921-WA0008-2
A planta terá como mínimo 3 anos de idade
– Recollemos o xel no vaso do batedor, e batemos até o homoxeneizado.
IMG-20130921-WA0010
NOTA: Á hora de lavar o cabelo, efectuamos unha masaxe que nos asegure o contacto co coiro cabeludo. Deixamos actuar 5 minutos antes do aclarado.

Os espías verdes

espías verdes 074Outra fermosa actividade de Proyecto Naturart realizada no Centro de  Interpretación Terras do Miño os días 23 e 24 de xullo con peques moi peques:

http://proyectonaturart.com/index.php/proyectos-realizados/42-espias-verdes

MOITA ACTIVIDADE…

… que fixo precisamente que este blog andivera uns meses parado…

Un día ó erguerme e facer o ritual diario para conectar co presente, deume por ler o horóscopo. Dicía así: “Aunque sus proyectos lleven tiempo, una vez que estén en marcha nada logrará detenerlos. Bienestar en aumento.”

E parece que atinou!!!

Digo sempre que este blog váleme para ordenarme. É como un dietario para mín á vez que intento poñer cousiñas que lles poidan servir ós demais. Por iso hoxe escribo dun dos proxectos que parece que ó fin sae adiante…  O Proyecto NaturArt…

Os días 9 e 10 de xullo, o equipo impartiu no contorno do Río Rato a actividade OS MORADORES DO VENTO: AS AVES DO NOSO CONTORNO.

15 nen@s de 7 a 15 anos, compartiron co equipo unha preciosa actividade na que a parte de rematar recoñecendo as aves máis comúns do noso ámbito e a súa relación co medio, entenderon a ornitoloxía desde a perspectiva do estudo activo da natureza recollendo as bases para poder avanzar por si mesmos neste apaixoante campo. Asimesmo, acabaron recoñecendo as aves por medio de cantos e reclamos, e apreciaron a diversidade do Río Rato.

Unha mostra da experiencia xa está recollida na web: http://proyectonaturart.com/index.php/proyectos-realizados/40-os-moradores-do-vento-as-aves-do-noso-contorno

NaturArt sigue apostando por este tipo de actividades e xa ten programadas outras dúas:

– OS ESPÍAS VERDES: Os días 23 e 24 de xullo e para nen@s de 4 a 10 anos

– HERBAS MÁXICAS: Os días 7 e 8 de setembro e aberto a tódalas idades

A quen lle poida interesar algún destes proxectos non ten máis que inscribirse no seguinte  enlace e de maneira gratuita (financiado pola Fundación TERRAS DO MIÑO) poderá disfrutar destas experiencias en contacto coa natureza deste maravilloso contorno:  http://www.deputacionlugo.org/formulariosDeputacion/terrasmino_actmedioa.html logo 1